Avelaíñas

a vila onde eu vivo
é unha oliva rechea de acibeche

o lugar onde eu nacín
é o doce cadaleito do meu berce

2 comentarios:

  1. A primeira avelaíña é unha fermosa metáfora.
    A segunda evócame a estrofa do poema "El niño Yuntero" de Miguel Hernández que di:
    Cada nuevo día es
    más raíz, menos criatura,
    que escucha bajo sus pies
    la voz de la sepultura.


    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Abraiada polo comentario... Moitísimas grazas

      Eliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena