Korsakoff

Chuspiu a súa merda no  despacho. Púxolle o meu nome. Pregunteille -en defensa:

-Estás so? -que, clarexo por si non se entende ben,  non é mesmo que dicirlle sénteste so

Tatexou e seguiu cuspindo, todiño o que tiña no fígado:

-Non volvas máis, para isto non
-Vou facer un escrito ó valedor, e vante mandar a Barcelona ou o País Vasco
-Vale, pero se queres seguir falando senta. Se non, marcha

e sentou. Botou algo máis do esterco que lle saía da lingua, e eu - en exercicio de espello refractario-, pensaba que sen saber, estaba a acertar


Igual porque as merdas non son tan distintas unhas das outras