Bonorum laborum, gloriosus est fructus

-Seica o cura de Rabo de Galo non da misa se non se lle paga
-Vaia. E a como vai facer o cálculo?
-E eu que sei!
-Pois como cobre a diezmo persoal...
- Diezmo persoal?
-Si... porque nesta quenda vai ter que pescudar se algún dos trinteún* é da terra


*Por suposto que me fago eco da caída brutal do paro in Espein!!!

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena