Swing-Badoo

Eu quero andar en tacónsverino de agulla,
                                      ter maneiras borjamari e falares pedigrí
Unha nenaben, eu quero ser.
A miña casiña axeitar,
      esquecer o aprendido na escola e, os meus cachorros, aleitar. 
Eu quero nonser e, o meu amor, non ofender.

Na vida que é unha:
soño casar co fillo do panadeiro,
vestida de branco roto diante do concello.