My first bra


A miña princesiña que aínda non cumpriu os doce anos:
sorrí ó homiño do cartaz

A monequiña que aínda  ten idade para aprender a ler:
gatea sobre unha almofada rosa que lle regalou o capataz

A meniña hentai non atende á dor nin ó medo:
só ten ollos para o anteface

e non pode escoitar que namentres algúns aínda rexouban:
que a súa coroa vai rematar,
 no espazotempo en que lle arrinquen a virxindade