no inverno de TropiCalia


Hai individuos que se presentan cun: aquí estou eu...
para marchar antes de principia-la primeira loita

Hai mulleres que desenfundan os seus peitos,
e perden ar nos segundos seguintes

E hai argonautas que van paseniño, 
e tampouco chegan a ningunha parte

E hainas que esconden as súas xoias,
e ninguén as atopa

Libertari@s no inverno de TropiCalia, aínda hai

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena