Corazón kamikace

Eu coñecín a un home, ía podrecido por dentro, ía bonito por fora.  Eu coñecín a un neno que, fixo a comuñón nos oitenta, estableceuse nos meus soños e, púxose a discutir cos peluches polo oco na miña cama.

Durante a primeira conversa, rimaban os teus acenos e os meus tangos; na segunda, perdémolo paso. Detrás do teu ritmo, o bater das miñas ás; detrás delas, a nómina do meu espírito.

E agora, non máis, só me apetece: provocar o infanticidio do ideal poético da túa seudomasculinidade. No intre en que pides a mamita comprensión polas feridas inoculadas, resolvo que debo acoitelar a túa nenez. Só para soportar o teu alento, so para non te deixar repetir a pregaria: porque non soporto ver como babeas, no colo do meu viso. 

Namorarse é desfacerse, deconstruírse para reconverterse nunha proxección do can do amado e, ti non estiveches polo labor.