Amorodio

Emvellecerse é construírse fermosa envolvida en pel de mandarina. Desculpar as teas de araña das veas que percorren as miñas pernas, o xiz angazado no meu cu e o peluxe branco no pube. 

Perdoar o movemento  da ausencia na presencia pola cara que pos cando aparezo sentada nunha banqueta do Pronobis... Os silencios ininterrompidos entre o santa teresa e a auga con gas e limón... 

Dispensar os días baleiros e os cheos de area e lama no meu coche, a canción da radio galega e o carallo do zapato cocéndome os pés. Escusar a miña soidade e a compaña do soldado de ollomol no meu colchón. 

Enbelecerse é a procura da muller nun lotus que sinala corenta-e...

Se tivese as agullas enfiadas no meu pulso coidaría de conxelalas no minuto en que a vida parou o teu reloxo. Só para me reatopar coa pel a medio fabricar, coas gañas de falar a dous tempos, coas compañeiras do colexio concertado...

Amorodio é, o fin,  asubiar a veleza nun biquini no que me poida mirar.