Res nullius

Envolvida en papel de charol vermello. Abafando no soporte dunha capoeira allea.
-Ei o tes!
-Non fai falla que mo tires!
-Precisas dalgo máis?
-Non!
-Pois ata d´hoxe nun ano!

Levedada e encadernada en brancas cereixas dentro da botella de licor.

-Seica, non mo vas devolver!
-O que!
-Pois iso!
-Ti estás tola!
-Tola? Ti si que estas para que te encerren!

Recreando verbas aburridas -sobradamente sobran-, curtas sen argumento que non van, que chegan a ningunha parte. Buff, que merda!

-Tola si, pero cando miro a tatuaxe por riba do meu apéndice, recoñezo a banda sonora do percorrido dos meus nocellos

Son basicamente feliz coa ausencia dun nome, pero preciso dunha bandeira para debuxar na miña camiseta. Unha matrícula no lombo, un xeito de amolar ó can que empreña a miña inexistencia. 

-De verdade, non sei por que adoeces. Teño outros
-Pero quero ese
-Vaia fixación

E non pode ser un anaco dalgunha cousa. Ten que ser ese: quero o filme dos vidros dos teus lentes.