Papaxoubas

Para a maldade, si, para os paspáns non me chegan todos os estalotes do monte se quixer metelos no seu embude.  Debería non amolar a miña mente con pensamentos homicidas mais: quen non é o teu amigo requirirache neutralidade e quen si o sexa pedirache abertamente que te presentes na loita*:

-Ola, bos días, eu son a Nena e como armas traio un feixiño de herbas de agulla para facer gargarexos na gorxa

*Maquiaveleo