Fallen OUT love

-Sir!
-Yes?
-Non teño un bo día
-Mm
-Se me puidese perdoar

As miñas contas non dan, o equilibrio perdeuse no cordón das miñas deportivas, ...

-Sir...
-Yes?
-Sufócome coa calor

Non respiro ben, sinto fatiga. Sir, teño o estómago na gorxa pero tamén nas costelas e no fígado. Sir, non é a temperatura ambiente. Sir, non é o seu corazón, nin a maldición do seu amante.

E que hoxe... cando espertei na miña gaiola,  logo de tanto tempo, sir, recoñecín que a súa suor... dáme noxo.