Pozas

Desenleo verbas no meu canistrel. Enréstroas e afórcoas nos traveseiros. 
Non hai sombras no faiado. Non hai luz.

Escoito ratos no chan. Enveleno niñais de papel e de peluxe. 
Non hai nichos no soto. Non hai vida.

E furo... 
furo no corpo para chegar ó espírito.

2 comentarios:

  1. Oh! miña nena, cousas lindas, fondas, intensas... que ti escribes. Leo e, así, desenleo o meu espírito ata chegar á palabra.

    ResponderEliminar
  2. Escribir grazas... é pouco
    Bikiños

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena