Pespunto de muruxa


Escravicei na cima da escuridade da poza. Marmelo de lama entre as pernas, as dedas e en tódolos buracos que se espallan ó longo do meu corpo.

Sacudinme como a cadela da que vou vestida e soprei nos cirios da demencia da madriña. Fixen os deberes. Limpei a auga do váter. Mexei na parede da catedral, agochada tralo cristo das choromiqueiras, debaixo dos tres cuíños.

Separei os garavanzos do seu berce e varrín o po dos meus iris. Sequei as bágoas de sorriso dos encontros contigo e mudei de cor. Pensei en soñar: toda a noite e todo o día, e todos os trescentos sesenta e cinco (e seis) días do ano.

Coloquei, cunhas cantas moedas, unha luminaria diante da santa e, expulsei -por setenta e dúas horas- ó demo que vomitaches na miña almofada. E aínda así... preciso de ti

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena