Mariola


No patio da Lola andan a xogar a Olaia, a Raquel, a Laura e o Pedro. A cancela pechada e os cans na cadea. Cadanseu coa súa condena.
-Cun anaco de ladrillo
-Pero non pinta
-Dálle, que si
-Atopeino!

Corre co xiz ata a Raquel.
-E por que non  pintas ti?
-Porque non me vai saír dereito

Quedos, seguindo o percorrido do corpo, da man, do dedo, do xiz, da liña... no cemento do patio da Lola, nai da Laura e do Pedro. Pechados polos pais e vixiados polos cans:
-Eu primeira
-Por que?
-Porque a última vez...

Lembraraste ti da última vez! Ou se cadra inventarala! Vaia testemuño, para servirse a si mesma...
-Que decida Pedro!
-Non vale!
-Por?
-É teu mozo!
-Meu mozo? -vermella- pero, ti que dis!

O que din todas... Aínda que ese todas é basicamente a Míriam e, a Míriam debece polo Pedro, sábeo ben a Laura, que llo dixo a Raquel.
-Bueno, a ver, quen vai primeiro?
-A sortes
-Vale
-Que o Pedro pense un número
-Non
-Por que?
-Porque é teu irmán

Imos ver, xa podemos contar unhas cantas tiradas e aínda non saltou ninguén... Comezamos ou non?
-A pedrapapel...
-Bueno, primeiro vos
-Por que nos?

Responde a nai:
-Nenos, a merendar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena