Lume de cans entre cadelas

Dous peitos misóxinos asexan arredor da barra. Apuntan ós vaqueiros azulados e á camisa rosiña. Nena, non me vou volatilizar! Serpean adiante-atrás e rin nas ocorrencias  do que ten enfronte. Nena, vas vir? Na contorna da camiseta un vai-non-vai e nas verbas entre elas dúas un téñoche aquí, pero ti non me queres:

-Un viño!
-Xa vai

Suponse que me teño que enfadar, pero hai lerias que aborrezo. Os seus peitos son enormes. Coidado,  mira a copa, vaise derramar. No goce cada un responde a súa maneira e, na presenza non se convida a terceiros. 

-Non hai tapas?

Non se pode pensar en nada cando algo así apunta ós teus ollos. Salvo en que se me desen a escoller llos cambiaba. O facía por unha almofada e o meu segredo. Que se lle vai facer, miña rula! 

-Linda, tes lume?
-Non

Sei que non foi unha saída pero, polo menos o vestido non papou as gotas do café. Se estás tremenda, déixalle afiar o niño! Na beirabarra unhas pipas e tres cacagüetes estorban. Pa min? Veña o, non podes ir a cociña a por un anaco de tortilla? Se tivese o que hai que ter metíache unha hostia e fundíache unha teta... A esquerda non, esa deixareilla ó dos vaqueiros, para que acomode o cerebro. 

-Dous trinta
-Non marcho

Estasme a quentar, condenada bruxa! Se quixese apoiaba os tacóns na súa entreperna, iso íache foder, non si?

-Aquí cóbrase ó servir
-E sérvese en tempo
-Como dis?
-O que oes
-Mira, fai o favor de pagar

Creo que non, que vou comezar polo da esquerda... Vaia parece que o mozo marcha.

-Es unha filla de puta!
-E ti máis
-Non tes cabeza 
-E el non tiña medio polvo

Riu e achegouse como se me quixese limpar da barra.

-Vas vir esta noite
-Poida
-Que si, que ves
-Depende

Sacou as chaves e correspondeume convencida de que é boa idea almorzar coa amiga. A que apaña os anacos dos desembolsos e está sempre disposta. Tes unha idea: que por que non quento un colacao, mentres ti vaste  duchar

-Ola
-Ola
-Tes un momentiño?
-Para?

 Para enxaboar este encontro. Para chuspir no teu embigo. Para lamber as dedas. 

-Teño, meu corazón
-Sen dúbida...
-Que dis?
-O esquerdo é o que máis me chista...