Conversas entre corvos

No espazo entre o home que está sentado no cuarto azul e a muller que  se apoia na parede cor ceo, hai unha mesa. Unha táboa de noventa graos envolta en papeis dixitais e piñeiros virtuais. Deses nos que as follas que non se pegan a túa saia, crábanseche entre as dedas:

E que importa se mañá non hai -Hoxe é hoxe cando cho pido- Un peito encollido ou exposto, un onde mamar

Na beirarrúa que anda a cabalo entre o concello e a xunta, entre Rabo de Galo e Santiago; leva un anaquiño esperando, un can sen amígdalas na gorxa. Na estrada que se arrastra entre a xunta e o concello, entre Santiago e Cabeza de Vaca, vai cruzando un galo de unllas amputadas. Sen esforzo, atópanse un ao outro:

Se te desfás dos teus dentes postizos, eu selarei o meu pico

No circunloquio da oposición, un pensamento: 
colocar ó xastre de Peares na extrema dereita do seu pé esquerdo