Misantropía

Para esa muller que esixe que a ames 
  ou aquel home que chora porque non o fas
un bico

Un deses que se fai víscera nas reviravoltas das entrañas
que se renova en cada entremés
 xustiño despois de floreceren as carqueixas

Para que esa vexación da primavera escampe
ou os cepos non esgarren aos drudos de eva e adán
                                                                     un fío

Un deses que enforque as fístulas das cárcavas
en que se alinean axiomas para nun amén
enxaboar a  metástase do que me envelena