CAT-EGO-IRONÍA


Aínda non sei... En realidade é unha cuestión que se superpón a propia estima.

Se fose tranxilium para tratar as angurias do corpo, debería subir a dose. Se se tratase dun intento para deixarme ver, fabricaría un libro xigante con pastas naif e follas recicladas en lila, cos fondos cheos de acherontias e nenas envoltas ensimesmas -sobre todo moi apasteladas, co xarope bagoando nas blusiñas e un ollar de nonmemiresasí-.

Pero en realidade, non é... Avergónzome entre as verbas coa posibilidade de figurar nun escaparate de currículos fantasiados de intencionalidade bipolar, quero pero non podo, responder as enerxías do tdah e, mergúllome nun contínuum trastorno adaptativo.

E por iso, categoricamente por iso, é polo que escribo