Self: delirio un

Corre o minueto:
dispara manso no embude da esmagadora
Érguese no solpor:
íspese ao acubillo do xuízo no extremo da corda

PERdóN, TI diante: despois(a) EU
Libérase o escorzo
-literalmente falando:
espérate na beira do buraco
Magréanse a liña e o punto
-como cho conto:
e a esquina e maila curva
Responde ao pulso do revólver:
unha vaca esvarada na estrada
Calceta o coitelo nela:
unha rata voadora, caníbal
das súas arterias
Escóndese no cumio:
o bruxo feiticeiro, menciña
dos nosos fíos

DESculPA, dos TEUS e dos MEUS
E mentres tanto:
lenme inxenuos, as cagallas
do bafo da enfermidade

miÑA e MIÑA, son as identidades

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena