Que non xorda


Muda visualizo o que os meus curirmáns perciben:
conxuntos e subconxuntos dunha mesma idea:
¡benachados en Megapolistán!

Parque temático de impresionantes estruturas:
corazón de almiño de sagrados demiúrgos
en-castrados nos bastos muros da gran Megapolistán.

Augas aliñadas por orde de ascendencia:
aquí,  os contidos de absolutos, os que non dubidan;
alí, os incontidos de relatividade, os que non cuestionan.

Cega escoito o que os meus curirmáns berran:
perífrases, circunloquios da mesma trama:
¡benchegados a Arquipelistán!

Parque temático de impresionantes estruturas:
corazón de almiño de sagrados demiúrgos
encastados nos bastos muros da gran Arquipelistán.

Terras aliñadas por orde de descendencia:
alí, os incontidos de relatividade, os que non cuestionan,
aquí, os contidos de absolutos, os que non dubidan

 E na marxe:
a barbarie de quen
non enviúva de ninguén ...
a miña