Lingua asasina

Do futuro dos nosos nenos e das nosas nenas: 
morre, morre e morre!

Come-orzamento do pseudoestado galego:
que afogues, che digo!

Ácrata crebacabezas:
 cala!

Panxoliña mártir de  versos agnósticos: 
deus estea contigo!