Impertinentes

En fronte aos teus vidros, descúbrome curioseándote. Diante da túa camisa azul de cadros, áchome definindo as nosas asimetrías. Na envoltura da túa bufanda, revélome lembrándote. Na túa mirada pícara, nas túas mans de médico, no teu susurro ao oído,...  rebolen as miñas fantasías. 

Nos teus ollos escuros, nos de neno, nos azuis.... No teu cabelo gris, na calveira, nas túas ondas... Na conversa pausada, na linguaxe inintelixible, na tensión... No primeiro encontro, no vémonos onde sempre, no imos ver se coincidimos...

Na botella de auga, no ron con cola, no queres tomar algo... No saúdo, no non-saúdo, no ciao...

...un peteiro sensual, 
porque é máis doado...
                                            atopar  un amante a un amor

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena