Disque unha espiña...

Hai homes e mulleres baleiras,
disque sempre namorados.

Hai mulleres: -Almas xemelgas,
o corazón nunca mente...

Hai homes: -Por que non, nena?

Hainas que sacan peito,
hainos que marcan paquete.

Hai mulleres e homes baleiros:
que proban a encherse de auga ou de viño,
tanto da o novo espiño...