Free



Un cóbado rebenta no meu lombo. Este varón quere ensinarme - di-, que novas liberdades. E eu atópome -algo así-, como no ano sesenta e oito de finais do século pasado. Alcol, maría e sexo: enchidas están as caralla´s sensualités de aperturas non máis alá da miña entreperna.

-Perdes o tempo
-(A vida é unha, e a vellez  acurta)
-Arrisca, non o penses. Carpe diem...

Aproveitar que? Forzado o clítoris, afogada a sensualidade, sen xogos demasiado longos -non vaia ser que, co aburrimento, frustremos a espera-,  vou ao emparellamento -sexa este para a eternidade ou de duración limitada-,  sen demasiado esforzo. Despois de todo que máis dá un varredor que un cirurxián, o que importa é que a teña ben feitiña.

-Veña, tes algún problema?
-(Que vou ter, imbécil!)

A cuestión deriva nun acordo transversal: ti empréstasme o corpo e eu, o burato. Humidades aparte.