Da poetisa

...que bota gargalladas políticorelixiosas,
filosofoeconomías ociosas.

...que mingua verbas tralo bocado do artista,
creadora de estrofas de incomplexa rima.

...que non  fala do mal que está Palestina
e, do peor que estamos nós.

...que  ri que, gratis, non chora
que vomita que, con paus, non loita.

...esa que se reflexa no espelliño do bolso de man:
coido que ha escarmentar, ha recuar...

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena