Cordeis

Supuran notas acordes entre eu e eu. Na busca do equilibrio: -A zoofilia ten que esperar

-(Sérvesme para un momento)
-(Ben curto, se pode ser)

De mañá, a xitana cóntame o seu soño: -Ti ías acompañada dun home grande e unha nena pequena. Puxérame feliz porque me mercabas un montón de teas para facer cortinas

Mentres ela debuxa, nas liñas da miña man, un amor futuro; no meu pensamento, un do pasado:  -O do meu pai