Zoofilias

-Non se trata dun becerro de ouro.... Non, non, o caso non vai por aí
-Entón?
-Corenta anos encollidos por papá Estado e trinta de  prórroga son moitos
-Moitos, para que?
-Para desandalos
-E logo?
-A Hispania non é un touro con grandes collóns
-Que dis?
-É unha frisona

Rise.

-Que si, que si... A mamá frisona que veu de Europa
-É?
-Pois que xa non da leite
-Home, se ti o dis!
-Que non, que non.... e apoucada como anda aínda hainos que seguen a muxir nela

*Vaca de pouca herba, pouco leite e mala esterca