Lifting


Na mañá non hai moito que contar e sen embargo, a pasta de dentes coroa un soño estupendo. Un deses no que o sopor do viño de treixadura informa de que onte rimos moito. As tres.

Rimos ao camareiro de cabelos grises e ollos de rato, ao seu cuíño e as súas fermosas costas. Ana, Lola e eu bebemos no vaqueiro negro gastado a pedra, na camiseta branca, debuxamos mamilas... Eses que nos miran dicindo: -Estamos aquí, nenas

E nos as tres, replicamos con ollos de lagartas, cravamos as nosas meixelas nas copas e apertamos os dedos ao vidro. Ao mesmo tempo que cruzamos as pernas por riba das banquetas, mostramos os tacóns  e encollemos as nosas saias. E volvamos a rir: -Meu deus

Perseguimos os pes, os xeonllos, ese cuíño -Ai, cariño!-, a cintura, os ombreiros, os cabelos de novo... Repasamos outra vez e calculamos as posibilidades:-Queredes algo máis? Unha tapa?

-Meu neno, por suposto que si

A mañá, contigo entre as sabas de cor mazá -Xa o dixen, creo-, corouse  un soño estupendo.