Estamento...



...De piedade na catarata da mirada a si mesma. No século vinteún na contra da fiestra e no esmalte das unllas, a brochada, un matiz negro. Non por tristura nin por medo, por pose.

A esteta figura no retrato máis delgada, máis  interesante que é o mesmo que dicir menos gorda, menos transparente. A transparencia é a verdade un corredor baleiro de metáforas, a verdade é a virtude unha serpe que se envelena.

Non hai retórica na cegueira da mirada a si mesma. Coordinamos estamento e pantalóns (ou saias de corte tulipán) e agardamos ser arremetidas por un espello misericordioso. Un reflexo de coraxe que non posúemos, unha garabata que non nos afogue, un suxeitador que de volume ao noso cerebro. Todo iso nun anaco de estamento.

O que me arreda das outras é o que  me  achega ao encontro comigo mesma. Crédula indiferenciada do líquido do que estamos conformadas. Saco de pan e noces, cordeis trenzados no aquí e agora.

Teño, seino, o encanto da que non é de ninguén, porque se fose de alguén... perderíao.