Estamento...



...De piedade na catarata da mirada a si mesma. No século vinteún na contra da fiestra e no esmalte das unllas, a brochada, un matiz negro. Non por tristura nin por medo, por pose.

A esteta figura no retrato máis delgada, máis  interesante que é o mesmo que dicir menos gorda, menos transparente. A transparencia é a verdade un corredor baleiro de metáforas, a verdade é a virtude unha serpe que se envelena.

Non hai retórica na cegueira da mirada a si mesma. Coordinamos estamento e pantalóns (ou saias de corte tulipán) e agardamos ser arremetidas por un espello misericordioso. Un reflexo de coraxe que non posúemos, unha garabata que non nos afogue, un suxeitador que de volume ao noso cerebro. Todo iso nun anaco de estamento.

O que me arreda das outras é o que  me  achega ao encontro comigo mesma. Crédula indiferenciada do líquido do que estamos conformadas. Saco de pan e noces, cordeis trenzados no aquí e agora.

Teño, seino, o encanto da que non é de ninguén, porque se fose de alguén... perderíao.

2 comentarios:

  1. "Teño, seino, o encanto da que non é de ninguén, porque se fose de alguén... perderíao."

    Non hai dúbida do que as anteriores palabras afirman, pois é unha aseveración tautolóxica. A cuestión que me formulo é: Que significan?

    Digo eu que quen se pretende de alguén e deixa abertas as fiestras ten, aliás, moito encanto dese que podemos dicir de encantamento, pois fai prender a cobiza.

    ResponderEliminar
  2. Ok... Preguntas ou respondes?

    Pola miña parte, non son relamida, pretendo simplemente expor unha (de infindas) resposta no cotiá a un: ti de quen ves sendo? (en todos os ámbitos)

    E dis ben, a cobiza é cousa de ladróns e, si, en lides amorosas, na vida e na literatura, tamén hai.

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena