Dúas hostias e unha lambetada. Mariola espera detrás da porta do sagrado a que o home das galletas de chocolate a espete contra a parede e a faga suar. Vaia con Mariola, non parecía.
Na punta da caralla, coca, no nariz, coca. E entre onte e mañá unha ristra de cadáveres mentais e algún que outro homicida de seu, pero que máis dá. No interior síntese tormenta, no exterior dous cans berrando na finitude do outro. O que el non esperaba é que o xogo durase tanto:
-Tes que marchar (Mariola, marcha)
Pero a muller enganchouse ao cabeceiro, atouse cos fíos de ganduxar e suplicou para si: -un anaquiño máis
-Tes que marchar (Mariola, marcha)
Pero a muller enganchouse ao cabeceiro, atouse cos fíos de ganduxar e suplicou para si: -un anaquiño máis
Vaia coa Mariola, volveuse tola. O Pablo vai vir e non teño tempo para lerias: -Tes que te ir
Pero continúa aquí para deixarlle xogar ao que queira: -claro que non fai por irse, merda que non se vai. Isto é novo, vaia, non che sei, igual... non, non: -Mariola, déixao
-Non hai leite, non hai galletas, nin chocolate, por? Coño, vístete teño cousas que facer!
E a moza concédese un minuto máis:-quérote
-Ti estás tola rapaza, (agora! xa! recolle as cousas!)! O bolso? No salón, supoño. Non sei, mira ben
E a moza concédese un minuto máis:-quérote
-Ti estás tola rapaza, (agora! xa! recolle as cousas!)! O bolso? No salón, supoño. Non sei, mira ben
A Mariola que sube ao taxi pouco despois das dez dun domingo de merda, pensa: -se fose por ela, nese intre... aforcábase.