EXTRA-ORDINARIO



Tres escenas para espir o teu sorriso: un ola cabeza cara abaixo á dereita, un salto de can para cariñarte a meixela, un hei-concidir-contigo-na-porta-do-baño

Tres meses de pre-parto-cara-ti: un saio na túa busca so ou en compaña, un aprovéitame na curta marxe do sencorpos entre os dous -no aléndotempo, no interespazo-, un volvo-agora

Tres mulleres  escorréganse: unha que te amou e non amaches, unha que amaches e non te amou, unha que esperas amar e que te ame. Un non-quero-amencer-sen-ti

No elevador do desencaixe entre as almas nosas: un experimento extra-ordinario, unha sesta sen suor, un aqueloutro, desempréñanse do sentido da liña que constrúen os significantes:

-E é que  aquí, dende o lonxe, coido do teu existir mentres espero que unha aperta invisíbel envolva o valado do meu



Todos queriamos ser extraordinarios
 -pero neste intre e, a pesar da nosa vulgaridade-.
 Quero que saibas que poderías ser o culpable de que hoxe me atope estrañamente ben*

*Rosenvinge