Beladurminte

Atopeime contigo na ilusión da demencia, 
no espazo que te arreda da morte:


Vírgula de vida,
nó de emocións escatolóxicas,
sono de soños.

Decateime diante da túa penitencia, 
do agrado ao sentir de preto a sombra da morte:

Vírgula de vida,
nó de emocións escatolóxicas,
sono de soños.

Conducinme na eterna sentenza
do encanto que te afasta hoxe da morte:

Vírgula de vida,
nó de emocións escatolóxicas,
sono de soños:

si, si hai por que esperar
aínda que sexa durmindo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena