Bardos-de-ben

Que pregoan? 
De que se queixan?

Que... non os ven?
Non as escoitan?

As outras xentes,
as de sempre

O touro manso de tempos mellores,
non loita, o porco bravo
defende se sente atacado


Que... non as ven?
Non os escoitan?


As novas xentes,
as de agora
                                            
Aos que levan o 25 de xullo no peto,
na caixiña do rosario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena