A Rosa lía


Decátome da miña existencia  e penso se debo negociar  unha posible mellora co capital daqueloutro. Recibo a idea de que o impar é unha metade imperfecta e estéril que fai da construción persoal un obxectivo inútil. Sen herdeiros -biolóxicos ou non-, sen compañeiros -amantísimos ou non-, a noción de si mesma tenta a ser baleirada.

O Carboeiro cuestiona a miña conciencia persoal:

-E é que o impar, por suposto,  é unha metade

E entendo que para o Carboeiro esa metade, ademais, é a conciencia da parte que falta. Pero, a miña resposta a aquel é que:

-A min, a parte que me falta é a dos libros non lidos, a dos coñecementos esquecidos ao tempo da aprendizaxe

É un feito que os zooms das miradas propias e alleas perverten as realidades:

-Sei que todo non o podo ter, pero EU de escoller, nunha illa deserta: prefiro  a ausencia do outro á ausencia de min mesma

*Crecendo  coa axuda de terceiros:
-Grazas pola brincadeira...