Rivers


Atopo necesario crear un argumento feminino para a Galiza do século XXI. Un que pregunte por cada unha das mulleres que hoxe non son protagonistas do seu filme: nin presidentas da súa empresa, nin xerentes dun consello, nin,  no seu defecto, conselleiras.

Aburrida de pláticas platónicas sobre a beleza e o seu poder, cuestiónome a beleza da muller galega. Porque se  fose así, nós somos máis que feas. Farta dos monólogos sobre o matriarcado e o seu poder, pregúntome se esa posición é, en realidade, unha inversa. Porque se fose así nosoutras somos máis escravitude.

Poderíame cuestionar o mesmo para o mundo enteiro, pero decidín deixar de ser global: E é que no locusproprio o meu status chega a ser, moitas das veces, infantiliño:

Darling, preciso de espazo
e se pode ser... no chanzo de arriba

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena