Pío

-Pío

Colleita a nai emplumada de branco, negro e castaño.

-Pois, daquela que vas facer?
-Aínda non sei

-Grr

Faise notar o can da marquesa.

-Pois, entón?
-Pensareino
-Cando?
-Cando o saiba a galiña

-Aviados estamos, logo

Latrica a besta no palleiro.

-Algunha solución temos que ter
-Non sei cal

-Pero, falaches coa alcaldesa?
-Pedino, pero deume audiencia para despois do verán

-Para alá xa non ten sentido
-Seino

E se nos encadeamos no concello? E se facemos unha cazolada? E se nos espimos?

-Espirse?
-Si
-E como pretendes que se denuden unha galiña, un can e unha besta?
-Ensinando o cu...
*Contos para peóns  deste século