Verbo intransitivo

no presente de indicativo:
O cantador chega de madrugada
resga as nosas penas,
na súa voz ergue cidades,
lanza sementes na terra de ninguén.*

Caladas están as nenas,
falan baixiño as aldeas,
silenciados os fusís.

Condenadas as nosas verbas,
vese ben aos homes, e mulleres, ruíns.
Berran os nenos, 
recollen os puñais, ouvean aos cadelos.

Pechadas están as portas, 
abertos os meus ollos, 
ando a esperar a onda
que vire a tronada cara vosoutros.


*Eu zecaafonso

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena