Salivas


Entendo:
               que tras o bocado de ourego: halitose.

Aprendo:
               que tras a humidade dos bicos: serpe.

Descubro:
              que  por riba das baldosas:  pes de cemento.


Seino e -a pesar de todo-, custa desprenderse da presenza doutro.


Observo:
             ese chupchup das burbullas da pota.

Escoito:
            ese rasras da cenoria no raspallo.

Advirto:
            ese tictic do forno.


Contemplo a miña cociña, pero imposible renunciar do sabor asimesma.
Esperto entre a miña pel e a túa, coido que teño calor.
Fuxo da coraxe de estar tan preto.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena