preguizas

si
si si
non non
si si
contemplo o gusto polo   si si    agora non me apetece
non non
 máis tarde
si si
libero aos cadrís
 da infelicidade  do presente ausente
si si
  creo sensacións              reflexo do meu iris
limpo meixelas de vermellas compaixóns
non non
non non
     sinto que  hoxe    non non   teña nada que dicir
coñezo o azoute do agravio si si da falsidade
si si
si si
da intelixencia valeira   si si  do discurso  indecente
ssssssssssssssssssssssssssssssssssssssss
                            no interior un pensamento     un deses
eu non escoitei a  Patti Smith
nin lin a Rimbaud
e
que
+


TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena