Todo el, cuspidiño ao avó


Eladio cuestiónase, a dous días das novas eleccións e no primeiro aniversario da súa morte, que lle diría  se estivese camiñando ao carón do seu neto:

-Tes lume?
-Avó?
-Non
-Entón?
-Unha  alucinación túa, váleche?
-Non
-Pois logo si, son don Francisco, a pantasma do marido da túa avoa
-O chisqueiro

Aínda que evidentemente, deixei de fumar vai doce meses, gústame xogar con el e -entre nós-, empregalo para ameazar ao pallaso do Ramón

-Volves presentarte?
- Si -non o sabes?
-Está ben - si pero quero manter unha conversa, parvo de neto!-, e que cres?
-Se o Manoel e a Adelina non me traizoan...
-Poida que si ou poida que non
-...supoño que ben -canta axuda!

E como anda a miña nora; e como está o Migue e a Sandra; e xa pariu a Noela?

-Ben. Separáronse. Si, o neno xa está na gardería. E a avoa?
-Pois, non a vin
-Raro, non? -no inferno andarás...
-Pois non -lembra que te escoito!
-Pena
-Supoño que estará ben, a coitadiña
-Estará no ceo, ía moito a misa

Se ti o dis; e o meu fillo xubilouse, e o Daniel pechou o bar?

-Si. Non
-E que anda a facer?
-O meu pai? Nada

Aínda que se empeña en seguir coas ovellas e os porcos; as vacas, menos mal,  vendémolas, pero quedamos con dous becerros

-Podo escoitarte, rapaz
-Ai si?! Claro

Vou entendendo, e segue a ir de pesca, cambiou de coche?

-Si. Non, aínda que lle digo que vai sendo hora
-E ti?
-Eu?
-Si ti?
-Nada novo

Caseime coa Nataliña, teño un neno e volve a estar preñada; vivo no Ganzal, teño un bo coche... Arrédemo, si que tes que contar; e dormes ben?

-Como?
-Se dormes ben?
-As veces

A merda das liortas. Coa muller, polos nenos, cos compañeiros?

-Si, non e si
-E?
-Non sei que facer?

A vida coa muller e na política son como un carro cheo de herba: se o enches moito, aproveitas mellor a viaxe

-Pero, para enchelo -e para que non caia o que levas-, precisas de estratexias
-Cales?
-A saber. Si ao final, a cousa está entre mostrar o carro baleiro antes da voda/das eleccións ou despois...

Que nin queres que che fodan a muller, nin o teu asento no concello