Caderno arraiano


Cando os fillos deciden marchar... non hai que ir por eles. Cando ao lonxe os ves -e parecen (non podo aseguralo)  felices-, aínda que rabies... non hai que correr tras eles.
Sentir, sentes unha labazada en todo o papo, pero non...

Cando marchas da casa... non podes volver. Cando ao lonxe, descobres a mirada sorrinte do pai que censura... non podes regresar.
Sentir, sentes unha labazada en todo o papo, pero non...

Se a pantasma do  avó do teu avó, se mete na túa casa, igual non a ves:

Pero, que incrible sería invitar a un ribeiro, 
-despois do divorcio-, 
ao pai do teu sogro!

A CEF,
 porque nas postremeiras do  holocausto do nacionalismo-de-ben,
as cousas, as veces, ocorren porque si,
porque teñen que ser