Nadais brancos


en venres de Dolores. Xantar de panadeiros, festas de mandrís...

Mandril un: estatua de bacallau

-Viches?
-Na porta, moi delgado
-Coma todos os venres, cada vez máis

Cos vidros coma pedras iluminadas, para mirar pero non ver

Mandril dous: menudeo de sexo

-Ola
-Ola
-Queres farlopa?
-Non
-Vou saír a fumar un porro, queres?
-Non
-Es moi guapa... Para que non me pillen téñoa escondida nos huevos, queres farlopa?
-(Que noxo!) Sabes en que traballo? Non quero
-Non serás policía?
-Non (que aburrimento!)
-Eu non me meto dende vai dous anos, estou indo a mexar
-Cumprindo...  (Merda, pensei en voz alta! Joder, que me importa!)
- Si, ... So din unha vez
- (E segue...) Bonxe? (Merda, volvín a falar!)
-Non, Teixeiro. A vez que din foi porque me deitei cunha amiga, ela consumira...
-(Joder, cala...)
-... e a tiña durmida... como folla...e deume positivo, ... díxenlles que non...e me fixeron a do pelo... e deume moi pouco
-Por iso, levas o cabelo rapado, xa...
-Deume nada...Pero como folla... Queres un porro? Era broma o dos collóns
-Non (xa...)

Permutas de polvo por po de talco,
onde vai  o de tes lume?

Mandril tres: ionkis, putas e demais monicrequeiros

-Mira quen está alí
-Si, xa o vin
-Vouno saudar
-Vale
-Pareceu pouco interesado, está con Antón e con Marcos
-Non os vin
-Ola -achegándose
-Ola -nos as dúas
-Coñeces a Nela?
-Aal-go si, vímonos algunha vez -dixen eu
-Si -pausa-,  follei con ela unha ducia de veces
-Soñando non? -amiga ao socorro
-Oes creo que te estás a equivocar (idiota!)
-Es das que non follas...
A un amigo que ven vindo:- É das que non folla
-(Gilipollas!) Fágoo -enfadada-,  comigo mesma
-As pallas están ben
-(O faranduleiro é imbécil...)

Mentres esixo que non me confundan cunha profesional: -Que vola muxa o muiñeiro!