Rei afogado

Vina, cos seus ollos verdes incribles, as pencas invadindo a súa cara e o seu cabelo negrísimo e,  me dixen a min mesma: -Mala idea

-Que queres tomar, preguntou a camareira
-Un absolut, contestei
-Non sei eu, desconfiaches
-Con limón, insistiu dende a barra
-Voume durmir..., protestei.  Non, non, con cola

Algo esaxerada na pose, pero impresionante coma sempre.

-Fai tempo que non a vía, pensei
-Eu tampouco, respondeches
-Adela, berrei

Foi tornando a mirada ata que finalmente freou fronte a min.

-María, saudou
-Que tal, reclamei
-Coma sempre, explicou
-Vai tempo, lembrei
-Un pouco, replicou


Estaba enfadada aínda. Fixo tanto esforzo por disimulalo que me estaba a divertir.

-E logo onde andaches, pescudei
-Non saín, confirmou

Merda, xa estamos!

-Adela, chamei
-Que, veu
-Vou ao baño, informei

E fomos. E os meus dedos, mollados entre dúas linguas.

-Sinto, murmurei entre bicos
-O que, cuestionou
-Facerche isto, chorei

Poderoso sentimento de compaixón: ao mellor xa non son a mesma e, por fin amo a alguén.

-Non o creo

*Danza de xadrez , 
entre o público e o privado