Namorada



Namorada de Dante, de Rosalía, de Cervantes, de Dickens, de Wolf, de Clarín, de Flaubert -aínda que menos-, de Poe -superior!-, de Ramos, de Camus,  de Kipling -marabilloso!-, de Curros, de Neruda, de Couto, de Whitman, de Márquez, de Castelao -ai, meu!-, de Drummond, de Brönte, de Cortázar, de Beckett -ai, deus!...

Namorada de quen morreron, 
                                                          dos que aínda están vivos.
De quen me le, 
                                                              de quen non sabe que existo.

Namorada da miña sombra,
                                                            das vísceras do meu corpo,
do meu sangue.

Dos meus,
                                    da miña soidade.


Infinitamente namorada: e doe.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena