Sen nabo...


...non hai nabiza. Cinco gaivotas latrican nas miñas costas:

Por muller, polos meus ollos,
sucios coma os dun persa con pedigree

Tres bestas voan no meu cuarto: Baleiros os cheques nominativos...

Estou a durmir!

Mirando a xente ao meu redor, non hai quenturas...

Hoxe, coma onte,
vai frío e chove
-Capitá!
-Presente!
-Soldado!
-Ausente!

No camiño da Presa espera unha pequerrecha que ten gañas de cazar a un ionqui da nada. Cachimbas sen amoníaco que se filtran nas ideas para dicir nada.

Sentir, nada
pensar, nada

-Policía!
-Presente!
-Doutor!
-Ausente!

Na beira do río afoga unha serea sen cabeza. Intelectuais con cerebros envolvidos en tripas,

vomitan

Comerciais con unllas de agulla, mercan cartos garabatados nas galiñasazuis.

-Xuíz!
-Presente!
-Mestre!
-Ausente!

Sen min, non hai nos-outros!
Sen galego, non hai Galicia...*


*Obrigada/agradecida