Paraules


Evitando eufemismos, engadindo paráfrases non verbais que non incomoden en demasía aos nosos corpos. Sorrío, ou non?

Disme que me queres. Meu neno. Como podo explicar: a túa idade, o teu ce-í, a forma dos teus ósos. A miña conciencia de que a xenerosidade non chega a acción de regalarme. Dou, dou, recibo. Pero non é certo, non todos os homes -e mulleres, no seu defecto-, somos iguais. E por iso, a uns -unhas, no seu defecto- lles empresto amínmesma e a outros -outras-, non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena