Galeano versus...

Son un construto que vai máis alá da cópula dos seus pais:

Primeiro -de nena-, sendo consciente da miña clase social. Espida coas miñas deportivas sen nome e os meus veráns sen castelos de area.

Logo -de moza-, coñecendo da identidade do meu xénero. Espida tras o puta e a pasividade da miña inxenuidade.

E agora, entendendo a miña galeguidade. Espida no meu acento, na carraxe da miña afasia e na retranca da soberbia do meu discurso.

Son momentos para emprender, non para recuar. A sociedade, como as persoas, teñen os seus tempos. E hoxe, e mañá, e pasadomañá e ao seguinte, é tempo para quen queira seguir camiñando...

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena