A coiteladas

Debuxo liñas das vidas que gastei, non por nada, por xogar. As miñas cartas están marcadas con garabatos de nena que enreda.

E nos meus enredos caligrafío: a miña dereita -en Madrid- martelos de obrigado* esquecemento, a miña esquerda -sempre no sur- bois con cornos de obrigado* esquecemento, e na periferia -cunha mistura do meu desgoberno-, soan cancións novas de obrigado* esquecemento.

Polos outros,
sempre polos outros.

Nas escolas -sinto pero- entraron os esquecidos -e as historias asasinadas-, e no pobo, aínda que pequeno e estúpido -eu son pobo, ben o sei- as novasvellas verbas poetizan oracións de non tan obrigado* esquecemento.

E é que cando ti estás aí,
xusto enfronte -para entrar-, estou eu.

E é que hai unha nova forma de camiñar,
que non pide permiso para soñar.

*obrigado/agradecido