As verbas

As verbas dun putón ofendido:
-Proximamente.
Vai aforrando para a entrada
-------------------------------------------------------------------------------------
Dous brindes polo xastre de Peares!!
-Un, pola lingua,
dous, pola lingua.

Pola que non sangra,
pola que si.

Máis brindes pola muller que nos deu vida aos dous:

-Pola súa
-universal e grande-,
e pola miña,
a que me deixou orfa.

Boas festas "aos parlantes gallegos" e...
aos que lles ratean os cartos a súa propia nai...

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena